Menos galegos en Portugal tras o anuncio de novas restricións
Menos galegos en Portugal tras o anuncio de novas restricións
Os comerciantes da feira de Valença botan de menos os clientes galegos
As novas restricións anunciadas por Portugal, e que entrarán en vigor o próximo sábado, afectan a mobilidade entre Galicia e o país veciño. Hoxe nótase na feira de Valença, onde vemos menos presenza de galegos.
As fronteiras están abertas e non hai controis nos pasos para viaxar a Portugal. Con todo, minguan os desprazamentos, sobre todo dos galegos, vémolo na feira de Valença, onde son clientes habituais.
Os comerciantes botan en falta os galegos, e os que acoden á feira fano con moita prudencia.
A culpable é a variante ómicron, causa do incremento dos casos en Portugal e que xa supón a metade dos contaxios de todo o país. O Goberno luso adiantou o endurecemento das medidas que estaban previstas para xaneiro. O próximo sábado pecharase o ocio nocturno e será obrigatorio o pasaporte covid ou un test negativo para entrar en restaurantes, hoteis ou eventos. O teletraballo será obrigatorio e redúcense as ocupacións nos establecementos.