Mereceu máis o Rácing ante a Cultural Leonesa (1-1)
Mereceu máis o Rácing ante a Cultural Leonesa (1-1)
Mereceu máis o Racing ante a Cultural Leonesa, especialmente nun primeiro tempo que os ferroláns dominaron con brillantez. Pero toparon con dous atrancos: as decisións arbitrais e os seus problemas para definir.
Foi anulado o gol de Nathan Palafoz no minuto 8 por suposto fóra de xogo cando dispara Alayeto dende fóra da área. A repetición advirte do erro.
O propio dianteiro brasileiro iniciaría pouco despois a xogada do gol. O seu centro bendiciuno Joselu co calcañar e converteuno en gol Héber Pena no minuto 10. 1 a 0.
O ferrolán estreouse como goleador noutro bo partido persoal.
Pouco despois quixo devolverlle o centro a Nathan Palafoz neste acoso do Racing aos leoneses.
O brasileiro non chegou.
Si o faría Alayeto nestoutro centro de Héber. Pase da morte. Pero a porta baleira, Alayeto mandou o balón fóra. Dificil de crer.
Coa renda mínima despois desa exhibición, o Racing teimou en aumentala na segunda parte, sen recompensa.
A Cultural Leonesa fixo cambios para intentar mellorar. Pero atoparía a solución cun penalti. O que lle indicaron a Candelas por derrubar a Vitoria. Acción decisiva do partido porque ademais deixou en inferioridade numérica os ferroláns, por recibiren o segundo cartón amarelo.
Sergio Buenacasa converteu o castigo no empate a un no minuto 65.
Bogou Cristóbal Parralo para que o partido non decaese. Héber Pena reclamou penalti e recibiu cartón amarelo. E de cor vermella para Alayeto, por protestar dende a bancada dos substituídos. Segunda baixa para a vindeira xornada.
Sóubolle a moi pouco o empate a un Racing que non agachou o seu enfado.