Messi atopa en Julián Álvarez o socio perfecto na procura do Mundial
Messi atopa en Julián Álvarez o socio perfecto na procura do Mundial
Lionel marca e convértese no arxentino con máis goles na historia dos mundiais
Julián (22 anos) anotou dous goles e esnaquizou a defensa de Croacia (3-0)
Oito anos pasaron daquela final no Brasil entre Alemaña e Arxentina. Foi a única e última vez que Lionel Messi, o astro do fútbol mundial, acariñou o meirande galardón futbolístico de seleccións. Messi é arxentino polos catro costados, acumulou frustracións durante toda a súa carreira e só nos últimos tempos (título da Copa América de 2021) conseguiu quitar ese peso que tiña enriba. O domingo poderá subir aos altares futbolísticos no seu propio país e sentar a carón de Maradona, o encargado de levantar a Copa do Mundo en 1986.
Messi le baila un tango a Gvardiol y le regala el gol a Julián Álvarez 🐐
— Gol Mundial (@Gol) December 13, 2022
✈️ Contenido patrocinado por @emirates #FlyBetter #GolMundial pic.twitter.com/vhslPkEeuh
O 10 crebou na semifinal ante Croacia un rexistro máis. Converteuse no xogador da Arxentina con máis goles na historia dos mundiais logo de abrir o camiño do triunfo do seu equipo cun lanzamento de penalti.
¡Así se tira un penalti en un Mundial! 🔥
— Gol Mundial (@Gol) December 13, 2022
🚀 Fuerte y a la escuadra es ¡𝐈𝐌𝐏𝐀𝐑𝐀𝐁𝐋𝐄!
✈️ Contenido patrocinado por @emirates #FlyBetter #GolMundial pic.twitter.com/fgchVzhjWW
Messi atopou un socio de primeiro nivel. Julián Álvarez comezou como suplente de Lautaro. Gañou un oco no equipo titular e na semifinal marcou dous goles, o segundo rematando unha xogada maxistral de Messi.
Picadura de la Araña 🕷️
— Gol Mundial (@Gol) December 13, 2022
🔥 ¡Contraataque espectacular de #ARG que culmina Julián Álvarez!
✈️ Contenido patrocinado por @emirates #FlyBetter #GolMundial pic.twitter.com/gp8pApQKcu
Con once anos probou no Real Madrid, en 2014 vivía na pensión de Argentinos Júniors (onde se formaron Maradona, Riquelme ou Redondo) e en 2022 xoga no City de Guardiola. Con Messi e Julián en plena forma, Arxentina supera por 3-0 a Croacia de Modric e buscará a terceira estrela no peito.