Publicador de contidos
Publicador de contidos

Messi e Alcaraz atraen os focos nos premios Laureus

Messi e Alcaraz atraen os focos nos premios Laureus

O arxentino levou o premio como mellor deportista masculino de 2022 e o tenista foi o deportista revelación

G24.gal 09/05/2023 07:48

Leo Messi gañou o Premio Laureus como mellor deportista masculino de 2022, por diante de nomes como Rafa Nadal, Mbappé ou Stephen Curry. O triunfo coa selección arxentina no Mundial de Qatar 2022 pesou moito na elección do futbolista. 

É a segunda vez que Messi, de 35 anos, gaña un Laureus (considerado o Óscar do deporte), logo do que conseguiu no ano 2020, daquela compartido con Lewis Hamilton. 

Alcaraz, deportista revelación

O tenista español Carlos Alcaraz, de 20 anos, levou o premio ao deportista revelación grazas á vitoria no Aberto dos Estados Unidos e a rematar o 2022 como número un do mundo, o máis novo da historia do tenis. É o primeiro Laureus para o murciano, que acaba de gañar o Masters 1000 de Madrid este domingo. 

Alcaraz sucede no palmarés a tamén tenista Emma Raducanu e impúxose na súa categoría a Elena Rybakina ou á selección de fútbol de Marrocos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar