Messi mantense na pelexa por gañar o seu Mundial
Messi mantense na pelexa por gañar o seu Mundial
Arxentina derrota a Países Baixos na quenda de penaltis despois dun partido agónico (2-2)
O día que caeu o seu amigo Neymar e o Brasil deixou a Arxentina en solitario defendendo a honra do fútbol sudamericano Lionel Messi decidiu dar o enésimo paso adiante e conduciu á súa selección ata as semifinais. Alí verase as caras diante de Croacia.
O partido resolveuse na quenda de penaltis (4-3) despois dunha secuencia agónica de acontecementos (2-2). Emiliano Martínez con dúas paradas na quenda foi outro dos grandes protagonistas do triunfo albiceleste.
💥 ¡#ARG está en semifinales de #Qatar2022!#NED ❌❌✅✅✅#ARG ✅✅✅❌✅#GolMundial pic.twitter.com/kplRVGhlH5
— Gol Mundial (@Gol) December 9, 2022
Messi, o rei do fútbol dos últimos quince anos, persegue o único gran trofeo que lle queda por gañar e do que quedou ás portas hai oito anos. Unha asistencia a Nahuel Molina e un gol de Lionel de penalti foron dabondo para que o equipo do coruñés Scaloni superase os Países Baixos.
Asistencia imposible de 𝐌𝐞𝐬𝐬𝐢 capítulo 276476 😆
— Gol Mundial (@Gol) December 9, 2022
✈️ Contenido patrocinado por @emirates #FlyBetter#GolMundial pic.twitter.com/jmd5ooMzPj
⚽️ Messi acerca a #ARG a las semifinales desde el punto de penalti#GolMundial pic.twitter.com/E2EQ68SKax
— Gol Mundial (@Gol) December 9, 2022
O equipo de Van Gaal, tradicionalmente asociado ao bo fútbol, tomou outro camiño moi diferente. Un cadro rochoso e que só se botou ao ataque cando tiña todo perdido. Meteu no partido o xigantón Weghorst. Un tanque de 197 que fixo historia cun gol no 82 e o do empate cando pasaban dez minutos do 90.
🔥 ¡Qué final de partidos nos espera!
— Gol Mundial (@Gol) December 9, 2022
⚽️ Gran cabezazo de Weghorst para recortar distancias para #NED#GolMundial pic.twitter.com/bsuJQn67D9
Hacer posible lo imposible. El gol que ya es historia de los Mundiales 🤯
— Gol Mundial (@Gol) December 9, 2022
✈️ Contenido patrocinado por @emirates #FlyBetter#GolMundial pic.twitter.com/30EPjTR8Hh