Míchel Alonso, novo adestrador da SD Compostela
Míchel Alonso, novo adestrador da SD Compostela
Asina por unha tempada con opción a outra
Miguel Ángel Alonso Naya (Ferrol, 24/07/1974), máis coñecido no fútbol como Míchel Alonso, é o novo adestrador da SD Compostela. O técnico galego toma xa as rendas do Compos co obxectivo de que o equipo recupere sensacións e mellore os seus resultados. Asina por unha tempada, con opción a prolongala por outra máis.
Míchel Alonso é un técnico dabondo coñecido en Galicia, un adestrador con grande experiencia na categoría e que conta cunha importante bagaxe no fútbol galego.
Ademais, destaca pola súa capacidade de esforzo e traballo. Todo iso, sumado a que o seu estilo de xogo e os seus obxectivos encaixan cos do Compos, levaron á dirección deportiva da S. D. Compostela a afrontar a súa fichaxe.
🙌 Michel Alonso, novo adestrador da SD Compostela!!!
— S.D. Compostela (@SD_Compostela) October 18, 2023
🤝 O técnico, cunha ampla experiencia na categoría e no fútbol galego, firma por unha tempada con opción a outra!!! @MichelAlonso74 🩵🤍
✍️ https://t.co/DRSoYpqLI1#BenvidoMichel #UnNovoCamiño pic.twitter.com/CaMATwkxNs