Publicador de contidos
Publicador de contidos

Miguel Corgos: "Convidamos toda a cidadanía a coñecer o Goberno e a Administración"

Miguel Corgos: "Convidamos toda a cidadanía a coñecer o Goberno e a Administración"

O conselleiro de Facenda explica que entre o 10 e o 14 de xuño se celebra a Semana da Administración Aberta

G24.gal 08/06/2024 10:46 Última actualización 08/06/2024 12:37

A Xunta convida a cidadáns e cidadás a coñecer o funcionamento do Goberno e administración autonómica a través da Semana da Administración Aberta que se celebra a partir deste luns.

Nunha entrevista este sábado no Galicia por diante fin de semana da Radio Galega, o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, explicaba os detalles desta iniciativa que se enmarca na semana organizada pola Alianza do Goberno Aberto, da que forma parte España dende 2011.

Segundo dixo, preténdese que os cidadáns "coñezan mellor o funcionamento das administracións".  

"Convidamos a todos os galegos e galegas a coñecer o funcionamento do Goberno e da administración pública e a participar nos seus principios e valores a través desta Semana".

Deste xeito, entre o 10 e o 14 de xuño, a Consellería de Facenda e Administración Pública organiza diferentes actividades e xornadas de participación social na que se implican o conxunto das consellerías.

A idea é divulgar os principios nos que sustenta a Administración aberta: a transparencia, a rendición de contas, a participación cidadá, a integridade pública e a colaboración. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade