Publicador de contidos
Publicador de contidos

Miguel Corgos: "Os próximos orzamentos reforzarán o investimento en educación, sanidade e vivenda pública"

Miguel Corgos: "Os próximos orzamentos reforzarán o investimento en educación, sanidade e vivenda pública"

O Parlamento aproba o teito de gasto da Xunta sen o apoio da oposición

A Xunta eleva o teito de gasto un 2,5 %, ata os 13.954 millóns de euros

G24.gal 01/08/2024 15:12

O Goberno galego xa traballa nos orzamentos do ano que vén tras aprobar onte o teito de gasto. 

Miguel Corgos insistiu nunha entrevista do Galicia por diante da Radio Galega en que os próximos orzamentos recollerán aqueles aspectos que o goberno encabezado por Alfonso Rueda prometera antes de iniciar esta nova lexislatura. 

A Xunta elevou o teito de gasto un dous e medio por centro, ata preto dos catorce mil millóns de euros. Estas cifras sostéñense, en palabras do conselleiro, nas previsións de crecemento para o 2025, valoradas nun incremento do 2 % grazas á moderación da inflación. 

A construción de máis vivenda pública, a eliminación das matrículas universitarias ou a mellora das políticas de atención aos maiores serán algúns dos aspectos principais que recollan os novos presupostos. Miguel Corgos, conselleiro de Facenda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade