Publicador de contidos

Publicador de contidos

Miguel Llorente: "Se xogamos con 4.000 persoas, gañamos seguro"

Miguel Llorente: "Se xogamos con 4.000 persoas, gañamos seguro"

Para o técnico deportivista: "Estamos ben, podiamos estar mellor. É un partido máis e tamén o máis importante da temporada"

G24.gal 30/05/2022 15:38 Última actualización 30/05/2022 15:52

O Deportivo Abanca xoga a permanencia este martes en Riazor ante o Tacuense. Farao a partido único. 90 minutos en que o cadro branquiazul xoga o seu futuro cunha vantaxe de campo que Miguel Llorente quere maximizar. O técnico lánzalle o guante á afección:

“Non sei os que pode haber nun partido do feminino, pero se metemos 4.000 persoas en Riazor o martes, gañamos seguro. E aquí si que non me freo. Se xogamos con 4.000 persoas, gañamos seguro. Pero teñen que vir. Estamos a facer un chamamento a todo o mundo, porque se iso pasa, quedamos en Reto Iberdrola”.

O encontro do ‘ playout’ chega con moita rapidez, aínda que Llorente recoñece que pouco cambiaría xogalo máis tarde:

“A tempada levámola xogando moitas semanas. O martes é un lugar onde non teriamos que chegar. Non pensara nesta situación e agora vinme obrigado a pensar. É como cos exames, non vas estudar o último día. Os dous últimos adestramentos serán lixeiros, porque o traballo xa está feito. O que aprendemos verase o martes. Agora xa abrazos, boas palabras e a por iso. Todas queremos terminar xa porque está a ser un ano moi denso. Son as mesmas da primeira volta e teño confianza plena nelas. É o seu momento”

O técnico deportivista tamén falou do estado anímico do equipo antes de xogar ante o Tacuense.

"Estamos ben, podiamos estar mellor. É un partido máis e tamén o máis importante da temporada"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade