Miguel Loureiro, produto galego para o lateral do Lugo
Foi titular indiscutible a temporada pasada no Rácing de Ferrol
El Hacen, que xa estivera no club durante temporada e media, incorpórase aos adestramentos
Miguel Loureiro (Cerceda, 1996) asinou co Club Deportivo Lugo. O lateral da Silva (Cerceda) volve á Segunda División na que xa xogara defendendo a camisola do Córdoba. Un produto do fútbol galego que ten o premio á súa regularidade. O ano pasado foi o xogador de campo con máis minutos no Rácing de Ferrol.
Loureiro formouse nas Escolas Luís Calvo canda xogadores como Angeliño ou Santi Canedo. Pasou polo Deportivo e polo Celta, no que xogou o último ano como xuvenil. Logo asinaría no Pontevedra, equipo no que se consolidou como sénior e resultou o trampolín perfecto para marchar ao Córdoba.
Logo virían as experiencias no Andorra e Rácing onde demostrou ser un dos mellores laterais da terceira categoría do fútbol español.
🔴|OFICIAL|🔴
— Club Deportivo Lugo (@CDeportivoLugo) August 1, 2022
👉Miguel Loureiro @5MiguelLoureiro, novo xogador do #CDLugo!
▶️ https://t.co/RIW6rtdMMB #ForzaLugo #AcostumadosALoitar#BenvidoLoureiro pic.twitter.com/4N2kqjTMT5
El Hacen tamén se incorpora á dinámica de traballo do primeiro equipo. O mauritano estivo durante temporada e media cun gran rendemento no cadro lucense e agarda convencer a Mauro Pérez para ter ficha esta temporada.