Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mil litros de auga por persoa e día en Pantón

Mil litros de auga por persoa e día en Pantón

O Concello corta a auga pola noite para evitar malgasto ou perdas na traída 

G24.gal 11/08/2022 14:28 Última actualización 11/08/2022 14:36

Das doce da noite ás 6 da mañá non hai auga da traída en Ferreira de Pantón nin nos lugares que se abastecen desta rede.

As contas non saían no concello, xa que dá un gasto diario de mil litros por persoa, co cal agora estase investigando se este gasto tan elevado se debe a un desbalde ou roubo, ou ben se é por roturas na traída.

Esta zona é unha das afectadas polo corte nocturno da auga. O seu dono non se sente prexudicado, considérao unha medida razoable, o mesmo que nos comentan outros veciños que atopamos tomando algo no centro de Ferreira, que tamén sospeitan que ou ben hai perdas na traída, ou ben alguén malgasta e rouba a auga.

Había tempo que os veciños non acordaban unha seca así. Dende o Concello están a revisar o estado da rede, pero están firmemente convencidos de que o alto consumo se debe ao desbalde que fan algúns particulares dun ben prezado e escaso.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos