Milleiros de israelís bótanse ás rúas contra Netanyahu e pola liberación dos reféns
Milleiros de israelís bótanse ás rúas contra Netanyahu e pola liberación dos reféns
Pídenlle a súa dimisión e que alcance un acordo para a liberación de reféns da Franxa de Gaza
Milleiros de israelís protestan este domingo en varias cidades do país contra o Goberno do primeiro ministro, Benjamín Netanyahu, a quen lle pide a súa dimisión e que alcance un acordo para a liberación de reféns da Franxa de Gaza.
As manifestacións deste sábado, en cidades coma Tel Aviv, Haifa, Cesárea ou Xerusalen, son o punto final dunha semana de protestas violentas en todo o país.
Na mesma praza de Tel Aviv onde comezaron as protestas contra a reforma xudicial de Netanyahu, os manifestantes escoitaron aos familiares dos secuestrados.
Netanyahu insiste á Casa Branca: "A maior parte do armamento quedou atrás"
Por outra banda, o primeiro ministro israelí, Benjamin Netanyahu, aludiu de novo este domingo ao impacto que o suposto envío retardado de armamento desde os Estados Unidos está a ter no Exército e na guerra en Gaza, e dixo que "a situación básica non cambiou".
"Fai uns catro meses houbo unha caída espectacular na subministración de armamento que chegaba dos Estados Unidos a Israel. Durante moitas semanas fixemos un chamamento aos nosos amigos estadounidenses para que acelerasen os envíos", dixo Netanyahu.
"Fixémolo en conversas cos rangos superiores e quero salientar que o fixemos nas habitacións de convidados", dixo o mandatario nunha clara alusión a conversacións a porta pechada.
"Recibimos todo tipo de explicacións menos unha cousa: a situación básica non cambiou. Algúns artigos chegaron aos poucos, pero a gran masa de armamento quedou atrás".
Por iso, explicou Netanyahu, decidiu facer un chamamento público o pasado 18 de xuño, cando gravou en inglés unha videomensaxe en que cualificou esta situación de "inconcibible".