Publicador de contidos
Publicador de contidos

Milleiros de persoas participan nas degustación da XVI Feira do Viño de Monterrei

Milleiros de persoas participan nas degustación da XVI Feira do Viño de Monterrei

O horario de apertura dos postos das 18 adegas participantes é de 19:30 a 1:00 horas, o sábado pola tarde, e o domingo 13, de 12:30 a 14:30 horas e de 19:30 a 24:00 horas, na alameda de Verín

Os prezos nesta edición son de 5 degustacións de viños brancos ou tintos por 10 euros e unha copa personalizada da D. O. por dous euros

A ocupación hoteleira acada o 100 % nos hoteis e restaurantes de Verín e comarca

G24.gal 12/08/2023 20:56 Última actualización 12/08/2023 21:21

A alameda de Verín convértese esta fin de semana no mellor es caparate para dar a coñecer os viños brancos e tintos da Denominación de Orixe Monterrei.

Moita xente é a que se está a achegando a degustar algúns dos 18 caldos das adegas que están presentes este ano na feira. Desde o Concello Regulador da D. O. aseguran que esta décimo sexta edición está a ser todo un éxito de público. Só na xornada de venres din que se degustaron cerca de 9.000 copas de viño.  Tamén hai postos de produtos gastronómicos e unha morea de actividades paralelas, como catas ou formacións e tamén ha música desde pola mañá ata a noite para amenizar o ambiente.

A Denominación de Orixe Monterrei é a máis nova dos viños galegos pero cada ano vai medrando un pouco máis e o ano pasado comercializaron 6 millóns de botellas de viño.

Éxito de visitantes e degustacións

Milleiros de visitantes e milleiros de copas de viño certifican o éxito da décimo sexta edición da Feira do Viño de Monterrei. 

Verineses e moitos turistas proban e escollen entre as diferentes variedades autóctonas. Uns prefiren os viños brancos e outros os tinto Mencía.

A vitivinicultura é o principal motor económico do val de Monterrei e desde o seu nacemento no ano 1994 a denominación de orixe cada vez é máis coñecida pola calidade dos seus caldos. Conta con 28 adegas inscritas e 730 hectáreas cultivadas. No 2022 certificaron de 4.707.350 litros, o que supón un crecemento do 79 % nos últimos cinco anos.

A Feira do Viño de Monterrei deixa tamén completos estes días os hoteis, restaurantes e cafeterías da vila de Verín.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos