Milucho: "No persoal, contento por Brais Méndez. Pero no deportivo, é reforzar un rival directo"
Milucho: "No persoal, contento por Brais Méndez. Pero no deportivo, é reforzar un rival directo"
O descubridor do xogador vigués avalía a súa posible marcha á Real Sociedade e aposta por Luismi para o banco do Pontevedra
Belarmino Alonso, Milucho, é un dos organizadores da Vigo Cup, un dos torneos de fútbol base referentes en Galicia. Aproveitando a súa presenza o Galicia en Goles preguntoulle ao que foi o descubridor de Brais Méndez sobre o ruxe ruxe deste sábado, a marcha do canteirán á Real Sociedade por catorce ou quince millóns de euros.
"No persoal e humano, alégrome moitísimo. Como vigués e afeccionado do Celta un pouco triste porque estamos vendendo a un xogador importante a un equipo do noso nivel, que este ano estará un pouco máis arriba, pero é do noso escalafón. Por iso estamos un pouco preocupados de como será o futuro do equipo. Semella que irá a Miami á pre-temporada con dez xogadores"
Como granate tamén había que preguntarlle pola situación do Pontevedra, aínda sen adestrador trala marcha de Ángel Rodríguez ao Hércules.
"Estou contento que Ángel acadase o ascenso e marche o Hércules. Creo que estaba facendo ben o seu traballo e gustaríame que quedase. Do seu substituto, fálase moito. A min persoalmente gustaríame a volta de Luismi, é unha teima que teño"