Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ministros de Defensa da OTAN presionan a Alemaña para enviar tanques Leopard a Ucraína

Ministros de Defensa da OTAN presionan a Alemaña para enviar tanques Leopard a Ucraína

Margarita Robles di que a decisión política sobre esta axuda tomarase en febreiro

G24.gal 20/01/2023 15:03

Os ministros de Defensa de 50 países da OTAN debaten en Alemaña o envío de tanques a Ucraína. A maioría son partidarios de subministrar os blindados Leopard, tal e como reclama reiteradamente o presidente Zelenski para reforzar a ofensiva terrestre contra Rusia. Pero o envío debe ser autorizado polo Goberno de Olaf Scholz, xa que son de fabricación alemá.

Margarita Robles non asistiu á reunión, e nunha visita a militares ucraínos que reciben instrución en Toledo, dixo que en febreiro se decidirá sobre o envío de carros de combate a Kíiv. 

"Haberá unha reunión de ministros de Defensa da OTAN, que será unha decisión de carácter político. A de hoxe é técnica, e España está altamente representada. As decisións técnicas son as que se valorarán para o apoio a Ucraína, que é total", explicou a titular de Defensa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade