Un penalti no 97 priva o Celta de puntuar ante o Barcelona (1-2)
Un penalti no 97 priva o Celta de puntuar ante o Barcelona (1-2)
O Celta rozou os puntos ante o Barcelona
Tivo ocasións como para conseguir un premio maior, sobre todo na segunda metade
Benítez quixo quedar coa parte positiva do partido de hoxe. Malia derrota,
"O equipo estivo ben, competiu e creou ocasións".
Non se quixo pronunciar sobre se é penalti de Fran Beltrán, pero si quixo mandar unha mensaxe.
"Se entramos para mirar se está adiantado 5 cm, podemos mirar se hai xogadores dentro".
O técnico quixo restarlle importancia ao erro de Fran Beltrán quen realizou o penalti.
"Temos que ter claro que somos un equipo, que imos todos xuntos. Non debemos personalizar demasiado".
Tras a derrota, o Celta debe visita o Cádiz. Partido vital nas aspiracións celestes. De gañar pon unha marxe maior sobre o descenso, e gana o golaverage ao rival.
"Non hai finais, hai partidos importantes"
Minuto a minuto
Xa coñecemos os onces dos dous equipos. Benítez aposta por Allende desde a titularidade traslo gol en Xetafe. Aspas volve ao 11 titular, xunto Starfelt.
📋✅ O noso 𝗫𝗜 🆚 @FCBarcelona_es!#CeltaBarça ⋄ #LALIGAEASPORTS pic.twitter.com/Hc3YaUcLOd
— RC Celta (@RCCelta) February 17, 2024
Xavi aposta de novo por Cubarsí no centro da zaga pero a novidade é a titularidade de Vitor Roque:
📋 𝐀𝐋𝐈𝐄𝐍𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍 #CeltaBarça pic.twitter.com/RYMb1zEkZW
— FC Barcelona (@FCBarcelona_es) February 17, 2024
Comeza o encontro en Balaídos!
Salvou Guaitaaaa!
Vitor Roque topou a Lamine Yamal. O extremo culé guisouna e probou a Guaita, quen respondeu cunha boa man.
Probou Larsen a Ter Stegen!!!
Boa xogada do '10' pola dereita. Aspas puxo o balón ao área, Tadeo deixouna pasar e Larsen, cun tímido disparo, topou coas mans do meta culé.
Cacholazo de Christensen que marcha lamendo o pau da orta de Guaita!
Segue o 0-0 en Balaídos
Gol do Barça
Recibiu o dianteiro polaco no borde do área e enfundou un cañonazo para facer o gol
Celta 0-1 Barça
Chega o tempo de lecer en Vigo!
Celta 0-1 Barça
Volve a rodar o balón sobre o novo céspede de Balaídos con troco no Celta: entra Unai e sae Carlos Domínguez; e no Barça onde Araujo deixou seu posto a Iñigo Martínez.
Comeza a segunda metade.
GOOOOOOOOOL DO CELTA!
Taconazo de Mingueza para o '10'. Aspas lanzou desde a frontal, o balón rexeita en Kounde e introdúcese na porta de Ter Stegen.
Empatan os celestes.
Celta 1-1 Barcelona
Sacouna Guaitaaaa!!
Falta potente de Raphinha que topa cunha gran man do gardameta celeste
Aspas fóraaaaa!
Probou coa perna menos boa o de Maoña pero non lle deu a rosca necesaria
Gol de Lewandoski
Parou Guaita o primeiro. Adiantouse e tívose que repetir o penalti. A segunda sí.
Celta 1-2 Barcelona
Rematou o encontro con derrota celeste.
Adiantou Lewandoski aos culés ata que igualou Aspas. No 97, de penalti, Lewandoski fixo o 1-2 definitivo.