Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mobilización veciñal contra unha gasolineira de baixo custo en Vigo

Mobilización veciñal contra unha gasolineira de baixo custo en Vigo

Está próxima ao parque de Castrelos, nunha vía estreita moi utilizada para atallar ao hospital Álvaro Cunqueiro

G24.gal 14/09/2024 12:43 Última actualización 14/09/2024 13:56

O proxecto para instalar unha gasolineira de baixo custo nas inmediacións do parque de Castrelos en Vigo ten en pé de guerra a veciñanza do barrio.

Argumentan que é unha zona verde na que eles non poden facer nada, nin sequera poñer un asadeiro para o churrasco.

A zona, entre o parque de Castrelos e o Lagares, ten moi malos accesos e moito tráfico xa que moita xente atalla por aquí para ir ao Hospital Álvaro Cunqueiro ou á factoría de Stellantis.

Hai dous aspectos que enervan á veciñanza: o secretismo co que se desenvolveu o proxecto e o restritivos que son en urbanismo e patrimonio con eles, mentres deixan que se constrúa unha estación de servizo ao carón das súas casas.

Os afectados están a loitar en todas as frontes posibles: recollen sinaturas, cortarán o tráfico e non desbotan a vía legal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade