Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mohamed Bouldini xa está na Coruña para fichar polo Deportivo

Mohamed Bouldini xa está na Coruña para fichar polo Deportivo

Asinará un contrato coa entidade branca e azul ata xuño de 2028

G24.gal 29/08/2024 12:05 Última actualización 29/08/2024 12:09

O dianteiro marroquí Mohamed Bouldini, aínda futbolista do Levante, chegou esta mañá ao aeroporto coruñés de Alvedro para pechar a súa fichaxe polo R. C. Deportivo.

O futbolista africano, de 28 anos, asinará un contrato coa entidade branca e azul ata xuño de 2028 en caso de superar o recoñecemento médico.

Desde a súa chegada en 2022 ao Levante procedente do Fuenlabrada, Bouldini disputou 83 partidos, nos que logrou 16 goles.

Esta tempada, xa con Julián Calero como adestrador, foi titular na estrea ligueira ante o Spórting e disputou 19 minutos do duelo ante o Cádiz do pasado sábado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar