Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mohamed VI celebra o apoio do "Estado amigo España" ao plan marroquí de autonomía sobre o Sáhara Occidental

Mohamed VI celebra o apoio do "Estado amigo España" ao plan marroquí de autonomía sobre o Sáhara Occidental

Francia recoñeceu a finais de xullo deste ano a soberanía marroquí sobre a antiga colonia española

Concentración en Madrid a favor da independencia do Sáhara Occidental. Europa Press/Contacto/Fer Capdepon Arroyo Concentración en Madrid a favor da independencia do Sáhara Occidental. Europa Press/Contacto/Fer Capdepon Arroyo
G24.gal 11/10/2024 20:33

O rei de Mohamed VI celebrou este venres a postura favorable do "Estado amigo España" ao plan de autonomía marroquí sobre o Sáhara Occidental, nun discurso no que subliñou a necesidade de persuadir "os poucos países que seguen indo en contra da lóxica da verdade" sobre esta cuestión.

"Durante anos obramos con tesón e paciencia (...) a fin de dar a coñecer a xustiza da posición do noso país así como os nosos lexítimos dereitos históricos sobre o noso Sáhara a pesar do difícil contexto internacional", dixo ante o Parlamento no seu discurso de apertura do novo ano lexislativo.

"Cabe mencionar, entre outros, ao Estado amigo de España, que ben coñece as reviravoltas deste expediente", dixo.

Mohamed VI destacou como todo este traballo derivou máis recentemente no apoio "incontestable" de Francia, que a finais de xullo deste ano recoñeceu a soberanía marroquí sobre a antiga colonia española, e por iso quixo agradecer da maneira máis sincera en nome do país ao presidente Emmanuel Macron.

"Puidemos obter o recoñecemento de países influentes e membros permanentes do Consello de Seguridade, como Estados Unidos e Francia", celebrou o monarca, que tamén destacou o "amplo apoio" entre un crecente número de países en todo o mundo ás teses marroquís.

"Queremos expresar a todos estes amigos e socios a nosa enorme consideración polas súas posicións en defensa da nosa principal causa nacional", manifestou Mohamed VI, quen apelou ao Parlamento a que na seguinte lexislatura traballe de forma conxunta por "resolver" a cuestión da "marroquidade do Sáhara".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade