Moisés Simes, o adeus dunha lenda do Frigoríficos do Morrazo
Moisés Simes, o adeus dunha lenda do Frigoríficos do Morrazo
É o único xogador que se mantén do equipo que subiu a Asobal no 2012
Simes: "Emociónome, intento paralo. Intento que non me afecte"
É o único xogador que se mantén do equipo que subiu a Asobal no 2012. Xogou competicións europeas, unha semifinal da Copa Asobal, outra da Copa do rei e 15 anos despois de chegar ao club decide deixar a Asobal.
"A última temporada foi difícil, moitas lesións. Isto é como unha pequena familia".
Moisés Simés é un caso extraño, dende aquel 2012 compatibilizou ata hoxe ser xogador de elite con outro traballo no sector da automoción, e incluso cos estudos.
Logrou 648 goles na Asobal en 330 partidos. Este sábado é o último.
"Emociónome, intento paralo. Intento que non me afecte".
O Gatañal prepárase para festexar a permanencia na Asobal e despedir a un da casa, Moisés Simes.