Publicador de contidos
Publicador de contidos

Moncho Fernández: "Contra o Madrid hai que ser brillante"

Moncho Fernández: "Contra o Madrid hai que ser brillante"

Moncho Fernández destaca o Madrid como un dos mellores equipos do mundo

O equipo viuse afectado por un virus e chegará con baixas ao partido

G24.gal 26/04/2024 11:45

O Obradoiro buscará dar un paso de xigante esta fin de semana na casa do líder da competición, o Madrid, que ademais vén de gañar comodamente na Euroliga ao Baskonia, dúas veces esta semana. O equipo compostelán que saíu das prazas de descenso a pasada xornada tras gañar a Bilbao Basket, pode verse outra vez nese inferno se o Breogán gaña o sábado na pista do Granada.

O feito de visitar o Wizink Center xogándote a permanencia non e o único problema que afrontará o Obradoiro esta semana, sumánselle os problemas físicos de Timma, a ausencia de Sasha e un virus que leva facendo estragos no persoal do equipo durante toda a semana. Rigoberto Mendoza é o último afectado polo virus, e será dúbida ata última hora.

"Recibimos a visita dun virus que afectou a Álex, a Pol e a 'Rigo' que non vai poder adestrar".

Moncho Fernández nunha conferencia de prensa atípica, celebrada nun colexio polo Día do Neno, recalcou que para gañar ao Madrid hai que ser "brillantes" e que hai que esperar que o Madrid non teña tampouco o seu día, como ocorreu contra o Manresa cun 4 de 26 en triplas. Malia todas as dificultades Moncho confía no seu equipo que trala vitoria en Bilbao respira un pouco máis tranquilo.

"É o mellor equipo do mundo nos últimos segundos da posesión".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade