Publicador de contidos
Publicador de contidos

Moncho Fernández cre que a defensa decidirá o partido ante o Betis

Moncho Fernández cre que a defensa decidirá o partido ante o Betis

Sobre posibles fichaxes: "Nada mudou na postura do club. Aquí hai dúas partes e a parte da oferta é complexa"

Foto @OBRADOIROCAB
G24.gal 15/02/2022 18:46

O Obradoiro xoga este mércores ante o Betis. Moncho Fernández analizou o encontro:

“Teremos que estar ben de novo no 1x1 defensivo porque hai xogadores que teñen moita capacidade de desborde, de xerar para o resto dos compañeiros. Ademais, teremos que estar moi ben na transición defensiva. Ten pivotes moi rápidos e xogadores que se incorporan moi ben ao contraataque. A clave vai estar no noso 1x1 cos seus xogadores grandes, que o están facendo francamente ben, a capacidade de ruptura e distribución de Evans, o tiro de Cvetkovic, de Bertans, de Vitto Brown, que se disparou as súas prestacións desde a chegada do novo adestrador... Debemos ter moito coidado con todo o colectivo bético”.

Preguntado por se o seu rival está a buscar moito xogar con dous das súas últimas incorporacións, Wiley e Pasecniks, o técnico obradoirista afirmou:

“O pick& roll é unha parte importante do seu xogo e, a través diso, xerar. Son dous xogadores moi bos nese tipo de accións. Wiley é un xogador con pasado Euroliga e Pasecniks vén da NBA e se estás aí é por algo. Son xogadores tecnicamente moi dotados e é lóxico que o equipo os busque”.

Moncho Fernández non poderá contar con Álex Suárez, baixa para as próximas 4-6 semanas. Haberá fichaxes? 

"Nada mudou na postura do club. Aquí hai dúas partes e a parte da oferta é complexa"

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar