Moncho Fernández renova ata 2025 co Obradoiro
Moncho Fernández renova ata 2025 co Obradoiro
O da Pontepedriña, o adestrador con máis temporadas nun mesmo equipo na historia da ACB, podería chegar ata as 15 campañas como técnico santiagués
Moncho Fernández seguirá no Obradoiro. E non renova por unha temporada, como ata o de agora era o habitual. Prolongou o contrato ata 2025. No caso de rematar o asinado chegaría ás 15 temporadas consecutivas á fronte do equipo santiagués.
Moncho xa é o adestrador con máis temporadas seguidas na historia da ACB (13) e si chega ás 15 superaría ao mítico Lolo Sainz (14 anos seguidos como técnico do Real Madrid entre 1975 e 1989, pero non todas coa denominación de ACB).
Os números de Moncho Fernández son abraiantes. Chegou en 2010. Na primeira temporada acadou o ascenso á máxima categoría e o equipo xa non se movería da elite. Pasaron moitos xogadores, pero o técnico nunca mudou. Máis de 400 partidos en ACB (no Top20 da competición) e o cariño de todo o público do Sar, ao que sempre despide co berro de: "Moncho, MVP".