Montse Tomé e o troco de Bonmatí: "Non faría ben se fixese público o que aconteceu"

España remata a fase de grupos da Liga das Nacións contra Suecia coa mellor xogadora do mundo sen participar no adestramento

G24.gal 04/12/2023 19:34

A selección española xa está en Málaga, onde este martes xogará a última xornada da Liga das Nacións. España enfróntase a Suecia ás sete da tarde con todo decidido, a selección xa está nas semifinais da competición a pesar da derrota do pasado venres en Pasarón.

Aitana Bonmatí non participou no adestramento por unha indisposición. A futbolista xa non xogou tras o descanso en Pasarón por non atoparse ben, o cal provocou que a selección comezase a segunda parte con dez xogadoras no campo.

Un momento de tensión no vestiario entre ela e a seleccionadora puidera ser a causa de que a Balón de Ouro quedase no banco, algo que Montse Tomé non quixo comentar na previa do encontro ante a prensa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos