Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre aos 88 anos o escritor albanés Ismaíl Kadaré

Morre aos 88 anos o escritor albanés Ismaíl Kadaré

A súa obra, con máis de 40 títulos, está centrada na historia recente do seu país

Foi candidato ao Nobel e en 2009 obtivo o Premio Príncipe de Asturias das Letras

France-Presse France-Presse
G24.gal 01/07/2024 12:31

Ismaíl Kadaré, o principal representante da literatura albanesa, morreu este luns en Tirana aos 88 anos de idade, segundo informou a axencia de noticias France-Presse.

Kadaré faleceu no Centro Hospitalario Universitario Nai Teresa de Tirana "tras sufrir un paro cardiorrespiratorio", segundo indicou Radio Free Europe en albanés.

A súa obra, con máis de 40 títulos, está centrada na historia recente do seu país

Nacido en 1936 en Argirocastro, o autor de numerosas novelas, dramas e poemas traducidos a 45 idiomas, foi académico e un dos máis grandes escritores contemporáneos. A súa obra está integrada por máis de corenta títulos, entre os que salientan El general del ejército muerto (1963; última edición en castelán 2019), El ocaso de los dioses de la estepa (1978; última edición en castelán 2009), a distopía El Palacio de los Sueños (1981; última edición en castelán 2007), e a máis recente Tres minutos. Sobre el misterio de la llamada de Stalin a Pasternak (2023).

Foi candidato ao Nobel e en 2009 obtivo o Premio Príncipe de Asturias das Letras

En varias ocasións foi candidato ao premio Nobel pola súa obra, centrada no totalitarismo que viviu Albania ata comezos da década de 1990

O presidente de Albania, Bajram Begaj, o primeiro ministro, Edi Rama, así como o titular de Asuntos Exteriores, Igli Hasani, expresaron este luns as súas condolencias a través das redes sociais.

Kadaré foi distinguido co título da Lexión de Honor francesa en 2023 (France-Presse). Kadaré foi distinguido co título da Lexión de Honor francesa en 2023 (France-Presse).
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade