Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre aos 88 anos o premio Nobel de Literatura Kenzaburo Oe

Morre aos 88 anos o premio Nobel de Literatura Kenzaburo Oe

O escritor morreu por causas naturais

Foi o segundo autor nipón galardoado co Nobel de Literatura

Imaxe de arquivo de Kenzaburo Oe (EFE/EVERETT KENNEDY BROWN) Imaxe de arquivo de Kenzaburo Oe (EFE/EVERETT KENNEDY BROWN)
G24.gal 13/03/2023 08:41 Última actualización 13/03/2023 08:54

O escritor xaponés Kenzaburo Oe, galardoado co premio Nobel de Literatura en 1994, morreu este luns aos 88 anos por causas naturais. "Morreu de vello na madrugada do 3 de marzo", segundo informou a editorial Kodansha nun comunicado.

Na nota explican que xa se oficiou un funeral familiar na intimidade e que proximamente se organizará unha cerimonia pública.

O escritor, un dos máis importantes novelistas xaponeses contemporáneos, naceu en 1935 na prefectura de Ehime e estudou Letras Francesas na Universidade de Tokyo. Destacou polo seu papel activo na xeración democrática da posguerra, opoñéndose ao militarismo e defendendo o pacifismo.

En 1958 terminou a súa primeira novela, Arrincade as sementes, fusilade os nenos, ambientada na guerra. En 1994 converteuse no segundo autor nipón en conseguir o premio Nobel de Literatura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade