Morre o escritor checo Milan Kundera aos 94 anos
Morre o escritor checo Milan Kundera aos 94 anos
Nado en Checoslovaquia en 1929, vivía exiliado en Francia desde mediados dos anos 70
O escritor checo Milan Kundera faleceu este mércores en Francia aos 94 anos, informou hoxe a emisora pública Radio Praga.
O prosista, dramaturgo e poeta, que desde os anos 1980 escribía en idioma francés, alcanzou fama mundial na segunda metade do século XX con obras como A insoportable levidade do ser, A broma e A festa da insignificancia.
O escritor, nacido o 1 de abril de 1929 en Brno, ao sueste do que hoxe é a República Checa, vivía exiliado en Francia coa súa esposa Vera desde mediados dos anos 1970.
En 1979, o daquela réxime comunista retiroulle a nacionalidade checoslovaca, aínda que dous anos máis tarde o presidente galo François Mitterrand lle concedeu a nacionalidade francesa.