Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre un home de 88 anos afogado na praia coruñesa de Riazor

Morre un home de 88 anos afogado na praia coruñesa de Riazor

Un socorrista conseguiu sacalo da auga, pero os servizos de emerxencias non puideron salvarlle a vida

Imaxe da praia coruñesa de Riazor (Arquivo TVG) Imaxe da praia coruñesa de Riazor (Arquivo TVG)
G24.gal 23/07/2024 11:57 Última actualización 23/07/2024 13:07

O 112 informou este martes do falecemento dunha persoa na praia de Riazor (A Coruña). Os feitos aconteceron pouco antes das 11:00 horas deste martes.

O CRAE-112 Galicia comunicou que un socorrista solicitou a intervención das urxencias sanitarias tras sacalo da auga. Ata o lugar, o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 enviou unha ambulancia de soporte vital avanzado medicalizada e o equipo médico realizou manobras de reanimación cardiopulmonar ao varón, pero nada se puido facer por salvarlle a vida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade