Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre un home en Oímbra cando tentaba baixar do tractor que manexaba

Morre un home en Oímbra cando tentaba baixar do tractor que manexaba

Evacúan outro home na parroquia de Bora, en Pontevedra, tras envorcar o tractor que conducía

G24.gal 21/09/2022 14:35

Un home morreu este mércores no concello ourensán de Oímbra cando tentaba baixar do tractor que manexaba.  

Segundo informa o 112, a vítima foi atopada próxima ao tractor, polo que, apuntan, debeu de sufrir un contratempo ao tratar de baixar do vehículo agrícola.  

Os servizos sanitarios contactaron co 112 arredor das 12:45 horas para informar da situación e solicitar a colaboración doutros equipos de intervención.  

No operativo participaron tamén os bombeiros de Verín e, co fin de aclarar as circunstancias do suceso, informaron tamén os axentes da Garda Civil.

Por outra banda, na parroquia pontevedresa de Bora, un home quedou ferido de diversa consideración ao envorcar o seu tractor cando circulaba por unha zona de difícil acceso.

A pesar de estar liberado e accesible, era necesaria a coordinación entre os equipos de emerxencia para proporcionarlle unha evacuación segura. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade