Morre un home en Ponteareas ao caerlle enriba unha árbore que estaba cortando
Morre un home en Ponteareas ao caerlle enriba unha árbore que estaba cortando
A vítima estaba cortando leña nunha leira da súa propiedade en compañía de dous empregados da súa empresa de construción
Un home faleceu este mércores en Ponteareas ao caerlle enriba unha árbore que estaba cortando e que o golpeou na cabeza.
🔴#AXEGAInforma dun varón falecido tras caerlle enriba unha árbore.
— 112Galicia (@112Galicia) March 20, 2024
📍 Santa Mariña de Xinzo, #Ponteareas
▶️ O home faleceu tras ser golpeado por unha árbore que estaba cortando.
➕ℹ️👉 https://t.co/jcJvFYTLZ6 pic.twitter.com/hWvx62VMMs
Segundo informa o servizo de emerxencias 112 Galicia, o suceso producise no lugar da Barreira, neste concello pontevedrés, pouco antes das nove da mañá. A vítima, de 69 anos e veciño do concello de Ponteareas, realizaba estes traballos en compañía de dous traballadores da súa empresa de construción nunha leira da súa propiedade moi próxima ao seu domicilio.
Foron estas persoas as que deron a alerta solicitando axuda urxente. Ao lugar enviouse un helicóptero do 061 con base en Ourense. A vítima non estaba atrapada e os servizos de emerxencia puideron acceder a el sen atrancos pero os esforzos por salvarlle a vida foron inútiles e o home faleceu.