Morre un traballador en Vigo ao caer dun tellado a varios metros de altura
Morre un traballador en Vigo ao caer dun tellado a varios metros de altura
Malia os esforzos dos servizos sanitarios por salvar a vida da persoa, só puideron confirmar o seu pasamento
Un traballador de 57 anos faleceu en Santo André de Comesaña, Vigo, tras sufrir unha caída de varios metros de altura.
Minutos despois das 16:15 horas, o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 solicitaba ao 112 Galicia a colaboración das forzas da orde debido a un accidente laboral que tivo lugar no Camiño de Pedreira, situado na parroquia de Santo André de Comesaña (Vigo).
A persoa implicada precipitouse desde un tellado, a tres metros de altura e sen medidas de seguridade. A caída provocoulle feridas de consideración.
O persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que se desprazou ao lugar a bordo dunha ambulancia, nada puido facer pola súa vida.
🔴#AXEGAInforma dun traballador que faleceu en Santo André de Comesaña, #Vigo, tras sufrir unha caída de varios metros de altura.
— 112Galicia (@112Galicia) November 17, 2022
Interviñeron: sanitarios, Policía Nacional e Policía Local de Vigo.
➕ℹ️👉 https://t.co/LwplDh2K9b pic.twitter.com/B6jwX0nyRB
(Noticia en elaboración)