Morre unha muller que circulaba en sentido contrario ao bater cun camión en Piñor
Morre unha muller que circulaba en sentido contrario ao bater cun camión en Piñor
Segundo o condutor do camión, que saíu ileso, a falecida buscou de xeito intencionado o accidente
Ocorreu na autovía AG-53 que une Dozón con Ourense pasadas as once e media da noite
Accidente mortal na autovía AG-53 ao seu paso polo concello de Piñor. Unha furgoneta mixta que circulaba en sentido contrario bateu contra un camión no quilómetro 63. A muller que conducía o primeiro vehículo faleceu.
Natural de Entrimo e con domicilio neste municipio, a vítima tiña 58 anos. Segundo informa a Garda Civil, ía en sentido Dozón e dirixíase cara ao entroncamento coa A-52. Ocorreu pasadas as once e media da noite.
O condutor do camión saíu ileso. Segundo o seu testemuño, amósase convencido de que a falecida buscou de xeito intencionado esnafrarse contra o seu vehículo.
Asegura que cando circulaba polo carril dereito da calzada e se decatou da súa presenza, cambiou de carril, pero a furgoneta fixo a mesma manobra, polo que bateron de xeito frontal.