Falecen sete persoas en dous ataques rusos contra un hospital ucraíno
Falecen sete persoas en dous ataques rusos contra un hospital ucraíno
Segundo informa Kíiv, os ataques leváronse a cabo con drons kamikazes Shahed
Polo menos sete persoas morreron e doce resultaron gravemente feridas en dous ataques rusos contra un hospital na cidade ucraína de Sumi este sábado pola mañá.
No primeiro ataque, levado a cabo por drons kamikazes Shahed, morreu polo menos unha persoa e provocou o derrubamento de varios pisos do edificio, informou o ministro do Interior de Ucraína, Ígor Klimenko, na súa canle de Telegram.
Segundo o ministro, xusto despois de que os bombeiros e a policía chegaran para axudar nas operacións de rescate e coa evacuación dos pacientes e o persoal, Rusia lanzou outro ataque con drons contra o lugar, que matou polo menos cinco persoas, incluído un policía.
Un suposto vídeo do ataque que apareceu nas redes sociais de Ucraína mostra unha explosión ocorrida xusto cando un grupo de persoas, incluída unha persoa en cadeira de rodas, accedían ao que parece un refuxio antiaéreo.