Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morren seis persoas nun bombardeo israelí na Cisxordania ocupada

Morren seis persoas nun bombardeo israelí na Cisxordania ocupada

Unha sarxenta xudía tamén faleceu preto de Yenín pola detonación dun explosivo e un civil hebreo por un disparo

O lugar onde se rexistrou o bombardeo O lugar onde se rexistrou o bombardeo
G24.gal 07/01/2024 08:12 Última actualización 07/01/2024 10:24

Polo menos seis palestinos morreron este domingo nun bombardeo israelí preto da cidade de Yenín, na Cisxordania ocupada, onde unha policía israelí morreu por un explosivo.

"Seis mártires cando a ocupación israelí bombardeou unha reunión de cidadáns en Yenín", informou o Ministerio de Sanidade da Autoridade Nacional Palestina (ANP), que controla partes da Cisxordania ocupada.

A axencia oficial palestina Wafa dixo que ademais unha persoa quedou ferida. 

"As forzas do exército de ocupación irromperon onte á noite na cidade de Yenín e producíronse enfrontamentos con mozos en varias zonas", destacou.

Pola súa banda, a policía de Israel confirmou a morte dunha sarxenta do seu corpo de fronteiras ao detonar un explosivo ao paso dun vehículo policial nun campo de refuxiados preto de Yenín.

Medios israelís aseguran que outros tres policías quedaron feridos, un deles grave, e que o explosivo estaba colocado nunha estrada.

Espiral de violencia

A Cisxordania ocupada vive a súa maior espiral de violencia desde a Segunda Intifada (2000-2005). No 2023 faleceron unhas 520 persoas en incidentes violentos vinculados ao conflito palestino-israelí.

Parte deles eran milicianos ou atacantes que morreron en enfrontamentos armados con tropas israelís, pero tamén civís, incluídos máis de 112 menores.

Desde que empezou a guerra en Gaza o pasado 7 de outubro, morreron 333 palestinos en territorio cisxordano por disparos do Exército de Israel, pero outros dez asasinados por colonos israelís.

Arrestos diarios

No que vai de ano morreron doce palestinos en accións do Exército de Israel na Cisxordania ocupada, onde os arrestos desde o inicio do conflito en Gaza rozan os 5.000, segundo fontes palestinas.

As forzas israelís seguen con operacións de detención diarias e, segundo datos recentes do Exército, desde o 7 de outubro arrestaron máis de 2.550 palestinos, uns 1.300 por presuntos vínculos co grupo islamita Hamas.

Israel fíxose co control da Cisxordania ocupada no 1967 e desde entón mantén un longo réxime de ocupación militar e colonización sobre este territorio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade