Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece Mary Quant, a deseñadora que popularizou a minisaia

Falece Mary Quant, a deseñadora que popularizou a minisaia

 Todo un referente na década dos 60, fixo a moda accesible para o gran público a través dos seus deseños elegantes e modernos 

G24.gal 14/04/2023 09:52

Mary Quant foi para a moda na década dos 60 como os Beatles para a música, un símbolo de modernidade, visionaria e modelo a seguir.

Con ela chegaron as minisaias, as medias de cores, os vestidos de saco e o corte de pelo Bob, que sempre levaba e aínda hoxe está de moda. 

Comezou de aprendiz de sombreireira antes de abrir a súa primeira tenda na céntrica rúa de Kings Road, en Londres, en 1955.  

A partir de aí, reinventou as boutiques e o seu talento creativo e alegre fixo unha contribución única á moda británica. De feito, ela representa o imaxinario colectivo da estética dos 60 de cortes xeométricos e cores vivas. Deixou as saias nuns 30 centímetros e rexuveneceu a moda varias décadas. 

Morreu, con 93 anos, unha das deseñadoras máis recoñecidas do século XX e tamén a unha precursora do apoderamento feminino.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade