Publicador de contidos
Publicador de contidos

MotorOcasión pon á venda preto de 700 vehículos usados en Expocoruña

MotorOcasión pon á venda preto de 700 vehículos usados en Expocoruña

O sector intenta suavizar a caída das vendas, que en setembro superou o 8%

G24.gal 06/11/2022 14:25 Última actualización 06/11/2022 15:15

As vendas de vehículos usados baixaron máis dun oito e medio por cento en setembro, pero o sector agarda suavizar esta caída no último trimestre do ano. Inténtao con iniciativas como MotorOcasión.

O salón reuniu en Expocoruña preto de 700 coches das marcas principais e de todas as gamas.  Os concesionarios ofreceron descontos e facilidades de financiamento para vencer as dúbidas dos posibles compradores. Foi a vixésimo terceira edición de MotorOcasión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar