Mrsic e as opción de Copa: "Non fago contas, con dúas vitorias estamos dentro"
Sergi García é dúbida para xogar en Málaga
O adestrador do Río Breogán, Veljko Mrsic, valorou este xoves o duelo deste sábado ante o Unicaja e a situación física do equipo:
"Xa esquecemos o derbi e falamos de cousas que debemos mellorar e preparar o mellor posible o duelo ante o Unicaja. Sergi García non adestrou aínda e non sabemos se poderá xogar. O resto do plantel está dispoñible".
O técnico croata analizo ao conxunto malagueño:
"Fixo un grande equipo e tras uns anos onde non entraba en copa ou playoff, anos de decepción no club e afección, agora volveron a xogar un gran baloncesto e están en moi bo momento, tanto en competición europea como na ACB", sinalou.
Mrsic espera seguir coa boa liña do equipo a domicilio:
"Levamos cinco vitorias fóra de casa, pero no deporte non hai pasado só presente".
Sobre as opcións de Copa do seu equipo, foi claro:
"Non fago contas, con dúas vitorias estamos dentro e cunha, depende", manifestou.