Publicador de contidos
Publicador de contidos

Múltiples opcións en Lugo para caracterizarse no Arde Lucus como na época galaicorromana

Múltiples opcións en Lugo para caracterizarse no Arde Lucus como na época galaicorromana

Moitos dos talleres da cidade teñen a axenda completa e xa non atenden máis encargas

Félix Aragunde 29/05/2024 20:33 Última actualización 29/05/2024 20:46

Neste taller de Lugo, localizado na Mosqueira, non dan abasto a atender encargas para o Arde Lucus. A dúas semanas do inicio da festa, a clientela quere dispoñer a tempo da indumentaria á medida que a caracterizará como invasora romana ou como nativa galaica.

Verónica Vázquez, costureira: "Estamos a tope de traballo. No taller, a axenda xa está completa para este Arde Lucus. Estamos facendo sobre todo encargas para as familias dos coles, das ANPAS. E a estas alturas, xa a tope".

Tanto lugueses como visitantes contan xa cos dedos das mans os días que faltan para a gran festa en que esta cidade bimilenaria regresará aos tempos da súa fundación. E para volver á época galaicorromana, todo detalle é pouco á hora de vestir coma na antiga Lucus Augusti.

Noutro negocio, situado na rúa San Pedro, ofrecen vestimentas de todas as medidas e para todos os petos. Coma nesta tenda, en moitas outras da cidade tanto venden traxes e vestidos para todas as idades como accesorios e complementos de todo tipo.

Yeni Díaz, dependenta dunha tenda especializada: "Estamos cos talleres seguido funcionando, porque somos moi pouquiños. E saen un montón de cousas novas cada día e todo tipo de complementos".

O Arde Lucus, que cada ano congrega máis de medio millón de persoas, celebrarase entre os días 13 e 16 de xuño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade