Publicador de contidos
Publicador de contidos

Música e xogos animan a Foliada das Letras Galegas

Música e xogos animan a Foliada das Letras Galegas

Barbadás festexa a segunda edición desta romaría, que promove unha volta á tradición

G24.gal 17/05/2023 20:34 Última actualización 17/05/2023 20:47

Á sombra dos carballos, afastada do tráfico habitual no núcleo urbano da Valenzá, a foliada das letras galegas de Barbadás celebrou a súa segunda edición coa vocación de se converter nunha cita sinalada para os veciños.

"Boa comida e boa xente arredor. Unha cousa fóra de serie. Que volva mañá ou pasado", propón un veciño.

A música é o fío condutor desta romaría que vela pola tradición. Gaitas e pandeiretas animaron a xornada. "Cheguei pola mañá a ver como estaba todo isto e animeime", di unha nena.

Música tradicional e xogos tamén tradicionais. "Xogamos aos zancos e o tres en raia", sinala outra cativa. 

E de recordo para todos, un canistrel de vimbios, elaborado de xeito colaborativo.

Sergio Moreno, cesteiro: "A medida que van pasando, nenos e maiores, se teñen curiosidade ensínolles como se fai e seguen eles".

Unha homenaxe ás letras desde o folclore galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos