Publicador de contidos
Publicador de contidos

Nace o Clúster da Construción para crear unha "Galicia sostible e innovadora"

Nace o Clúster da Construción para crear unha "Galicia sostible e innovadora"

Rueda avanza que a Xunta incentivará o sector con contratos de obra pública por máis de 130 millóns

G24.gal 03/07/2023 15:02

Máis de 40 empresas e catro centros tecnolóxicos acaban de crear o Clúster da Construción de Galicia, que representa máis do 10 % do PIB galego e emprega unhas cen mil persoas. Na presentación desta entidade en Santiago, o presidente da Xunta Alfonso Rueda comprometeu o apoio do Goberno autonómico ao sector para superar retos como a xestión ambiental ou o relevo xeracional.

O Clúster da Construción de Galicia nace como punto de encontro de toda a cadea do sector, dende fabricantes de materiais ata xestoras de residuos ou empresas de loxística. O seu obxectivo é crear xuntos unha Galicia máis sostible e innovadora e aspira a ser un "modelo para o resto de España", segundo defendeu o seu presidente, Diego Vázquez, que lembrou que a industria galega da pedra, a madeira ou o aluminio son referencia en España.

O presidente Alfonso Rueda avanzou que a Xunta prevé licitar nos próximos meses 130 millóns de euros a obra pública e compromete o apoio da Xunta para axudar o sector a superar os retos que ten: minimizar o impacto ambiental, garantir o relevo xeracional ou aumentar a presenza de mulleres na construción.

"Sodes un sector clave no crecemento, creo que esperanzador, da economía galega. Temos os orzamentos máis altos da historia e imos dedicar boa parte deles a seguir construíndo Galicia a través das obras públicas. Hai solidez financeira e estabilidade política, que facilita o mantemento dos contratos que se asinan", explicou o presidente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade