Cargando resultados...
Nace o Holanola Fest en Santiago con pontes entre Nova Orleáns, Galicia e o flamenco
Nace o Holanola Fest en Santiago con pontes entre Nova Orleáns, Galicia e o flamenco
Máis de 40 artistas con 17 propostas musicais actuarán no Holanola Fest
O festival traza un fío entre as músicas de raíz de Nova Orleáns, Andalucía e Galicia
G24.gal
21/09/2022 16:49
Viaxamos de Santiago ata Nova Orleáns a través da música, porque ata este domingo Compostela acolle a primeira edición do Holanola Fest, unha cita que une estilos musicais moi diversos.
Música tradicional galega, flamenco ou melodías de Nova Orleáns soarán en coñecidos locais da zona vella. O obxectivo é e xerar un intercambio cultural entre artistas moi diferentes, pero cunha paixón en común: a música.