Publicador de contidos
Publicador de contidos

Nadal, resignado, anuncia que non xogará en Montecarlo

Nadal, resignado, anuncia que non xogará en Montecarlo

Nadal: "Ola a todos! Están a ser tempos difíciles para min deportivamente falando. Desgraciadamente comunícovos que non vou xogar en Montecarlo"

G24.gal 04/04/2024 19:02 Última actualización 04/04/2024 19:08

Rafael Nadal, fóra da competición desde o torneo de Brisbane, o pasado mes de xaneiro, anunciou nas redes sociais que non xogará o Masters 1.000 de Montecarlo, que se disputa sobre terra e que comeza a próxima semana.

"Ola a todos! Están a ser tempos difíciles para min deportivamente falando. Desgraciadamente comunícovos que non vou xogar en Montecarlo. Simplemente o meu corpo non me deixa", indica Rafael Nadal.

O manacorí tivo que parar no principio do ano por mor dunha lesión na cadeira esquerda tras disputar o torneo de Brisbane, o único que xogou no que vai de 2024.

O gañador de vinte e dous Grand Slam, que se perdeu case todo 2023 por unha doenza no psoas ilíaco, optou por non disputar a xira americana e centrarse na tempada de terra.

Tras renunciar ao torneo de Indian Wells, incluído na súa folla de ruta inicial, descartou tamén Montecarlo, o primeiro Masters 1.000 sobre arxila.

"E aínda que sigo traballando e esforzándome ao máximo cada día coa ilusión de poder competir en torneos que foron moi importantes para min, a realidade é que a día de hoxe non podo", engade Rafael Nadal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos