Publicador de contidos
Publicador de contidos

Navantia envía as primeiras estruturas para o parque eólico mariño da Bretaña

Navantia envía as primeiras estruturas para o parque eólico mariño da Bretaña

Unha única embarcación trasladaraas durante varios días polo Atlántico ata o parque eólico mariño da localidade de Saint Brieuc

G24.gal 14/06/2022 17:50 Última actualización 14/06/2022 20:43

Este martes saíron de Fene as primeiras estruturas de aceiro construídas por Navantia-Windar para un parque eólico mariño da Bretaña francesa.

 Un buque de bandeira italiana fai o frete das pezas. A complexa operación de embarque leva xa en marcha dende o día 3 de xuño. Cada cimentación mide 75 metros de alto por 25 de ancho na base. Pesan máis de 1.100 toneladas na parte metálica, máis outras 500 do pilote de formigón, sobre o que se sostén toda a estrutura. Un innovador dispositvo facilita a fixación dos pés no fondo mariño.

O pedido de Iberdrola para o seu parque eólico de Saint Brieuc consta de 62 pezas. 36 xa están construídas e 28 delas instalaranse este verán. Non dubidou en encargar en Navantia Fene as plataformas offshore.

Para o estaleiro esta encarga supón unha facturación de 350 millóns de euros. Non só se posiciona como fabricante de referencia, senón tamén como exportador de tecnoloxía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade