Publicador de contidos
Publicador de contidos

Nin encher piscinas, nin lavar coches, nin regar xardíns: A Coruña pecha a billa pola seca

Nin encher piscinas, nin lavar coches, nin regar xardíns: A Coruña pecha a billa pola seca

O encoro de Cecebre, que abastece a cidade, rexistra nestes momentos o nivel máis baixo dos últimos dez anos por estas datas

G24.gal 10/08/2023 16:53 Última actualización 10/08/2023 17:13

Dende este xoves na Coruña xa se están aplicando as primeiras medidas ante a declaración de seca prolongada. O que se busca é concienciar ao consumo responsable.

O encoro de Cecebre, que abastece a cidade, rexistra nestes momentos o nivel máis baixo dos últimos dez anos por estas datas.

Así que o concello decidiu pechar as fontes decorativas. Non se regarán os xardíns públicos. Faranse menos baldeos e limpezas con auga. Limitarase o enchido de piscinas e o lavado de coches. 

Se a situación de seca prolongada non mellora, as medidas que acaban de poñerse en marcha poderían manterse ata finais de ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos