Nino xubílase no Celta: "O meu lema no vestiario sempre foi: oír, ver e calar"
Nino xubílase no Celta: "O meu lema no vestiario sempre foi: oír, ver e calar"
Ve o Celta con nivel de sobra para chegar a Europa
Os xogadores, maniáticos dentro e fóra do vestiario
Foi unha persoa imprescindible as últimas dúas décadas no Real Club Celta, e iso que non xogou nunca, nin un minuto. Pero sen el os futbolistas non poderían xogar. Nino, o encargado dos útiles, roupa e calzado do primeiro equipo, cumpre exactamente hoxe unha semana como xubilado e pasou por Zona mixta
Un coruñés en Vigo desde hai 24 anos
"Son de Boimorto. Sempre dixen que era nado na Coruña, pero vigués. Levaba traballando no Celta 24 anos. Tanto o club como eu cambiamos moito"
"Eu antes andaba co coche para arriba e para abaixo coa roupa. En todos os aspectos mellorouse nestas dúas décadas e agora temos todo centralizado en Afouteza. Eu antes reñía os xogadores cando regalaban as camisetas"
"Non é que me descontaran do soldo os balóns e as camisetas, pero eu era o responsable. Hai anos nin nos coñecían e agora somos súper coñecidos. O máis raro que vin? Algúns tiñan manías como usar a súa roupa interior. Eran raros e esixentes. Penev era moi maniático"
As manías dos xogadores
"Os búlgaros e os rusos eran moi maniáticos, pero perfeccionistas, querían gañar sempre. Mazinho quería que lle metese as botas en auga quente no iacuzzi para que estivesen brandiñas. Poñíaas molladas"
"Un día metéronme no avión unha bolsa pesadísima e ao abrila ao chegar de Grecia vin que levaba a roupa e unha pedra grandísima. En vez de facerlle bromas eu a eles, facíanmas os futbolistas a min"
"O fútbol agora cambiou moito. Non hai o compañeirismo, as redes sociais cambiaron moito as cousas, van polo seu lado aínda que se leven ben"
"Boban tiña un comportamento e unha educación exquisita. Tiña unha cultura grandísima. E que boa persoa era Makelele! Había rapaces moi bos. Mostovoi e Aspas como xogadores son dous fenómenos. E gardo un gran recordo como adestrador de Lotina, humilde e moi grande persoa"
"O meu lema no vestiario: oír, ver e calar. Fixéronme unha despedida o outro día que, como diría Arsenio... 'eu non merezo isto, ho!' Foi moi emocionante por todo... compañeiros, xogadores, adestrador...
“Este ano no vestiario claro que se fala de Europa, imos chegar, temos moita calidade e un equipo compensado, temos banco e temos adestrador”