Publicador de contidos
Publicador de contidos

No PP salientan a vantaxe de máis de cinco puntos sobre o PSOE nas últimas enquisas

No PP salientan a vantaxe de máis de cinco puntos sobre o PSOE nas últimas enquisas

Elías Bendodo sostén que están "fortes" fronte a un "Goberno que non goberna"

G24.gal 02/02/2025 15:00 Última actualización 02/02/2025 15:24

Desde Andalucía, o vicesecretario de Política Municipal do PP, Elías Bendodo, sostén que a nova líder do PSOE nesa comunidade, María Jesús Montero, vai levar "lodo" e "crispación" a un territorio que estaba moi tranquilo.

Ademais, incidiu en que o Partido Popular está forte en España e cunha vantaxe nidia con respecto aos socialistas nas enquisas de intención de voto divulgadas esta semana.

"Sánchez preguntaba onte en Valencia onde está o PP. Pois eu dígolle onde está o PP, o PP está cinco ou seis puntos por encima do PSOE en todas as enquisas e se iso non fora verdade Sánchez convocaría eleccións. Por tanto, iso é o que hai hoxe en día, un Partido Popular máis forte, con previsión de gañar e gobernar despois das próximas eleccións, fronte a un Goberno que non goberna".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade