No Senado, o PP cuestiona a eficacia dos trens de alta velocidade a Galicia
No Senado, o PP cuestiona a eficacia dos trens de alta velocidade a Galicia
O BNG esixe un crecemento ordenado da enerxía eólica
O Goberno comprometese a que os proxectos eólicos de Xubrintas e Alamoceiros se sometan á tramitación ambiental ordinaria
Galicia estivo moi presente na sesión de control ao Goberno desta tarde no Senado. Con dous asuntos que afectan aos cidadáns galegos: o tren de alta velocidade e os parques eólicos.
O Partido Popular cuestiona a eficacia dos trens de alta velocidade a Galica. Por avarias, poucas frecuencias e prezos altos. "O AVE a Galicia é un fake-ave", asegurou a senadora popular Rosa María Gallego. A resposta de Oscar Puente foi: "Pese a quen pese, foi o Goberno socialista o que levou a alta velocidade a Galicia".
Polo que atinxe á enerxía eólica, a senadora do BNG Carme de Castro esixiu un crecemento ordenado e o cumprimento das normas. A ministra para a Transición Ecolóxica Teresa Ribera comprometeuse a que o Goberno non consentirá intentos de fragmentación dos proxectos eólicos en Galicia.