Noite triunfal nos Emmy para as series 'The White Lotus', 'Ted Lasso' e 'Succesion'
Noite triunfal nos Emmy para as series 'The White Lotus', 'Ted Lasso' e 'Succesion'
A sátira social The White Lotus foi a gran triunfadura da noite, con cinco premios
A mellor comedia foi para Ted Lasso, por segundo ano consecutivo
A sátira social The White Lotus foi a gran triunfadura da noite, con cinco premios. Entre eles, mellor miniserie, dirección e guión.
A mellor comedia foi para Ted Lasso, por segundo ano consecutivo. E o seu protagonista tamén recolleu o premio ao mellor actor nesa categoría. E Succesion tamén cumpriu coas expectativas e logrou o Emmy á mellor serie dramática.
Gran favorita, con 25 candidaturas, chegaba este drama sobre o patriarca dun imperio mediático e a relación cos seus fillos. Só superado polo récord histórico de Xogo de tronos.
No apartado da interpretación, a actriz estadounidense Zendaya fixo historia co seu papel en Euphoria ao converterse na actriz máis nova, con 26 anos, que gaña dúas veces o Emmy de interpretación.
E tamén fixo historia o actor de O xogo da lura, o surcoreano Lee Jung-Jae: primeiro actor que triunfa nos premios cun papel interpretado nun idioma diferente ao inglés.
A entrega dos Emmy recuperou todo o seu esplendor no Teatro Microsoft dos Ánxeles con formato presencial, invitados e alfombra vermella, despois de dúas edicións reducidas pola pandemia.