Publicador de contidos
Publicador de contidos

Nova derrota noutra deficiente versión ligueira do Compostela (2-1)

Nova derrota noutra deficiente versión ligueira do Compostela (2-1)

O Raio Cantabria remontou o gol inicial de Fer Cano

O cadro santiagués, imparable na Copa Federación e clasificado para a Copa do Rei, está a pagar a peaxe na 2RFEF

G24.gal 13/10/2024 13:47

O Compostela dos éxitos na Copa Federación e con clasificación incluída para a Copa do Rei segue a pasalo mal cando afronta os partidos do campionato ligueiro. Contra o Raio Cantabria sumou unha nova derrota (2-1) e seguirá afundido nos postos de descenso. Unha situación que pode ser complicada de mudar cando xa levamos a metade da primeira volta. 

En Cantabria conseguiu adiantarse cun gol de Fer Cano no minuto 31. Pero a alegría duroulle un minuto porque no 32 igualaba Izan Yurrieta. Non houbo un dominador claro no partido e calquera dos dous conxuntos puido decantalo para o seu lado. Foi no 78 cando Baldrich conectou un remate de cabeza á saída dun córner que deixou sentenciado o enfrontamento. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar