O Compostela, clasificado para a final da Copa Federación
O Compostela, clasificado para a final da Copa Federación
Derrotou o Poblense nun emocionante partido (3-2) decidido cun gol de Carlos Cinta no minuto 89
O Compostela xogará a final da Copa Federación despois de derrotar o Poblense (3-2) nun partido moi emocionante e que se decidiu cun gol no minuto 89. O cadro santiagués sempre foi en vantaxe pero non conseguiu pechar o encontro ata o derradeiro intre.
Santi de Prado marcou o primeiro gol do partido cando só se levaban catro minutos. O Compostela dominou pero o Poblense atopouse co gol do empate xusto antes do descanso. Á volta dos vestiarios Manu Barreiro cunha cabezada volveu adiantar o cadro santiagués. Porén, o Poblense volveu empatar cun tanto de Aitor Pons. Cando o encontro parecía encamiñado cara á prórroga chegou o definitivo 3-2 anotado polo dianteiro Carlos Cinta.